Un programa de TV dirixido, realizado e producido por Casa de Toloscdt

childe1Voltamos á cidade da Torre de Hércules, e voltamos con blues da man de Carlos Childe, outra das mostras do talento galego que pode verse nas nosas salas calquera fin de semana.

Carlos e a súa banda, fan un blues ecléctico, que pasando polo tradicional, como él ben di, chega a ter un aire máis eléctrico e moderno. Ó meu xuízo, ten tamén un pequeno toque de cantautor con esa voz rasgada tan persoal. Carlos, semella tanto na música coma na súa estética, unha mistura de poeta romántico da época de Larra, con ese aire exótico, de fuxida do mundo tanxible cara o lirismo interior da alma, só que cambiando a palmatoria e o cheiro de cera consumida, por unha bonita Telecaster amarela que é a envexa de calqueira guitarreiro, e sobre todo dos fans das Fenders.

O bolo de hoxe, conta coa "guest" de Gaston Rodríguez coma artista invitado á guitarra en varios temas. Temas coma "blues in the bottle", "The House of Rising Up" ou " San Francisco Bay blues", marcan esas relacións armónicas tónica, dominante, subdominante, nos grados I, V, IV do blues ou do rock ( e tamén de tódalas músicas, pasando pola clásica, só que aquí se usan dun xeito máis marcado e exclusivo)

O Bababar, ten todo o que teñen os seus compañeiros que fumos e iremos vendo da Rede Galega de Música ó Vivo, aportando como valor engadido o de que é un sitio que se come, podendo disfrutar non só de tapas, senón mesmo dunha cea, mentras se escoita boa música.

childe5childe4childe3childe2

Lacón con Blues: Carlos Childe no Bababar