Un programa de TV dirixido, realizado e producido por Casa de Toloscdt

harapos1

Amigos de Enrede, dende a fermosa Baiona, no Marrucho, unha gran banda con orixinalidade creativa: Dr. Harapos. Non vos esquezades: este mércores ás 23:55 na TVG 2 .

Hoxe, un grupo de gran orixinalidade: Dr. Harapos, dende o Val Miñor para o mundo.

David Santos, Victor Lorenzo, Pablo Carrera, e Leandro Deltell, forman este cuarteto de calidade musical galega. Dr. Harapos fan unha música ecléctica, con ese valor engadido orixinal, que os fai innovadores. As súas composicións pódennos lembrar a Zappa, pasando por todo o rock con guiños ó funky, ó  psicodélico, con pinceladas progresivas que mesmo ás veces poden levarnos a Syd Barret. Tocan temas propios coma a pegadiza “ Estás hecha para hacer el amor”, a filosófica “ no sé quien soy” ou a superlativa Babel, “a Tu lado”, “Ciudad narcótica”…

Non poderíamos despedir a crónica sen falar do Marrucho de Baiona, quen ó igual que o resto dos compañeiros da “Rede Galega da Música ó Vivo”, comparten o ocio do pub coa difusión cultural, mesmo sexa música, teatro, maxia, monólogos… O cal é de agradecer, pois sen esa mentalidade renacentista, mesmo de mecenazgo, non habería nin sociedade nin civilización.

Actualizado (Martes, 21 de Febreiro de 2012 19:48)

Leer máis

 

raynald1

Este mércores, en Enrede, difuminando o talento que hai en Galicia e que ven a Galicia, toca este xénero grandioso é a vez pioneiro da música moderna, o jazz. Co que imos chegando xa a un período de diversificación e madurez do programa, tocando paus diferentes, pero irmáns, coma foron os concertos adicados ó blues galego (Miki Nervio&Bluesmakers), ó rock galego (Guezos), ó soul galego (Cats&Monkeys), ou ó rock nacional con actitude (Idealipsticks). E haberá máis, pois  Enrede e  Casa de Tolos,  caracterízanse por  non estar pechados a ningún estilo. Somos musiqueiros, melómanos por natureza e a música, no fondo é todo unha, só que expresada de xeitos diferentes. En definitiva, o obxecto de Enrede é lúdico; pero con pretensións de divulgación cultural á vez, ensinando a todos vostedes, querido público,  esa cantidade de música, de talento,  que está, ao vivo, nos locais, e que moitas veces, non temos a oportunidade de escoitar nin sequera de coñecer.

Disfrutade, amigos,  do jazz tranquilo de Raynald Colom no emblemático Filloa mañá mércores ás 23:30h na TVG2

Actualizado (Martes, 14 de Febreiro de 2012 17:20)

Leer máis

 

Cats & MonkeysEste mércores 1 de febreiro as 23:30h. na tvG2

Verdadeira mostra do momento de ebulición de talento emerxente galego, tocando de novo nun dos pubs da Rede Galega de Música ó Vivo, pubs mecenas que ademais de poñer copas, adícanse a nobre tarefa de difundir a cultura.

Banda lucense, relativamente nova pero que conta coa ampla experiencia de xentes vidas doutros estilos e aúnan polo tanto, ese esforzo cosmopolita de aportar o espírito galego a músicas doutras latitudes. Os Cats fan unha mestura entre soul e funky. Mestura ecléctica que leva tamén pinceladas the rhythm&blues, mesmo xa implícitas no propio soul, pero que tamén poden chegar a guiños ó rock e pop máis convencional. Banda complexa, de nove membros, a cantante, recolle a testemuña soul que vai dende Aretha Frankilin ate guiños máis actuais coma poden ser Amy Winehouse.

Actualizado (Mércores, 01 de Febreiro de 2012 21:48)

Leer máis

 

Idealipsticks1Mércores, 8 febreiro, as 23.30h., na TvG2

E os nosos visitantes esta vez chegan dende Guadalaxara, son Idealipsticks. Unha banda que fan rock´n´roll, no que, coma eles mesmos din, cabe de todo, dentro desa postura aberta, céntranse máis nunha mestura de punk, garaxe, grunge, cunha estética tamén influenciada polo Glam.

Bo son, boa posta en escena, cunha actitude rockeira, de negro underground a xogo coa vida bohemia da noite, chupas de coiro e gafas de sol. Armonías sinxelas e pegadizas, marcada por cuartas e quintas, riffs e solos que en última estancia beben dos pais do rhythm&blues.

Isto é Enrede, verdadeira aposta por levar a TV ó mundo dos músicos, os bolos nos escenarios ó vivo, e onde cabe de todo, dando apertura ós máis diversos estilos: funky, country, jazz, soul, blues, pop, rock, folk galego, punk... O público, xoven, animado, baila secundando á posta en escena inmellorable de Eva, a cantante.

Parabéns á SalaSon en Cangas, que, coma o resto das salas, nace coa inquietude de ofertar un ludismo cultural, onde ademais das copas, hai concertos, cine e literatura.

Queridos amigos, ¿Estades preparados? Cambiade a bata e as zapatillas de casa polas chupas de coiro e as botas campeiras, que ahí vai un pouco de bo rock´n´roll nacional.

Leer máis

 

 

captura-guezos-2

Segundo capítulo de Enrede o mércores 25 na tvG2, 23:30h.

Neste Enrede Guezos farannos gozar do rock galego. Son unha banda local xa veterana, músicos ourensáns que veñen de traxectorias variopintas como o folk, o jazz ou o rock. A súa música narra historias máis que nada épicas, aínda que na arte sempre queda tempo para a lírica. Guezos teñen un aire que pode lembrar dende Os Resentidos ate Os Celtas Cortos. E dese percorrido histórico polo rock galego falaranos Xurxo Souto (cantante, escritor, actor, director e locutor galego), recoñecido por ser durante once anos líder e vocalista de Os Diplomáticos de Monte-Alto.

Actualizado (Martes, 24 de Xaneiro de 2012 18:15)

Leer máis

 

Séguenos en Twitter

MySpace

boton rexistro

Grupos e salas pertencentes a Rede Galega de Música ao Vivo serán os protagonistas de cada un dos 13 programas que compoñen a primeira tempada de ENREDE. Cada episodio transportaranos a un ambiente e a un estilo interpretado en directo.

ENREDE converterase nesa plataforma de transmisión e recoñecemento que dende fai tempo reclaman os nosos músicos.

Programa realizado e dirixido por Casa de Tolos, impulsado polo AGADIC e co patrocinio de Estrella Galicia.